Hasta abril, para mín

Hasta abril, para mín
23 de Marzo, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

Xa o dicía Alvaro Cunqueiro: “hasta abril para mín, as de maio pro criado e as de San Xoan pro can”. A lamprea lémbranos o sabor do bico das sirenas. Cociñada no seu propio sangue e con viño. Péscase no río Tea e no Miño, pero en tempos tamén abundaba no río Mandeo en Betanzos. Prepárase con agarimo en Padrón, Rois, Pontecesures e Arbo.

Co devenir dos novos tempos a gastronomía galega vai esquecendo moitos dos pratos e dos productos que formaron parte do recetarío e do imaxinario colectivo deste pobo. Dende tempo dos romanos a lamprea galega, do Miño ou do Ulla, gozou de sona entre os padais máis esixentes. Hoxe en día a preparación deste prato ten recuperado moito prestixio e as casas que a cociñan a xeito acadan axiña nome e clientela. Das súas preparacións a máis habitual é “á bordalesa”, guisada na súa sangue e viño e acompañada de arroz e pan tostado.

Sociedade