As heroinas da Pysbe

As heroinas da Pysbe
07 de Marzo, 2019 - 10:55 h. | Publicada por Radio Fene

Maruja Cagallón, Cabeza hinchada, Peruco, cabecita de ajo, eran algúns dos motes dos encargados da Pysbe, segundo lembra a traballadora Gelines Rivera. Perto de trescentas mulleres empregábanse na fábrica do bacallau, establecida no porto de Ferrol en 1945. As traballadoras levaban como uniforme un mandil cun peto de cór caqui. Algunhas levaban no peto un bocadillo para escorrentar ás escondidas a fame. Desde unha garita de cristal, os vixiantes apuntaban o comportamento das empregadas. Gelines entrou na Pysbe en 1952 con 14 anos. Con 12 anos repartía leite por Ferrol e axudaba á súa nai a vender peixe na praza.

Bacalladeiros da Pysbe no porto de Ferrol

A redución das capturas pola sobreexplotación dos caladoiros foi o principal problema da empresa, xunto coa competencia de Pescanova que desde 1965 liderou o sector da pesca industrial. Os directivos da Pysbe fracasaron no intento de diversificar as capturas con atuneiros conxeladores. O 13 de abril de 1967 preséntase o expediente de suspensión de contratos para as mulleres da Pysbe. Na mesma xornada concentranse ante a Delegación Comarcal de Sindicatos ao redor de mil cincocentas persoas que reclaman a anulación dos despidos. Era algo insólito en plena dictadura de Franco. Fórmase unha manifestación que se dirixe á Praza de Armas. A Policia Armada impídelles o paso e producense forcexeos e incidentes. Houbo varios feridos e as forzas da orde deteñen á operaria da Pysbe María Angeles Rivera Torres e a trece traballadores de Bazan que se solidarizaran coa fábrica da zona portuaria.

A Pysbe deu marcha atrás e decidiu readmitir a todas as traballadoras. Pero tres das persoas detidas foron condenadas por insultos á autoridade, lesións e propaganda ilegal. Gelines tivo que ingresar no cárcere donde pasou varios meses. Ao sair, readmitirónna na Pysbe pero ao pouco tempo emigrou a Francia. A fábrica de bacallau pechará ás súas portas en 1973.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora