Hipsters con Rajoy e cleroflautas

Hipsters con Rajoy e cleroflautas
15 de Xaneiro, 2020 - 01:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hipsters con Rajoy foi unha performance do colectivo ultrarracionalista Homo velamine. Acudiron vestidos de “modernos”, cos peiteados e barbas características, a celebrar os últimos resultados do Partido Popular ao seu local da rúa Xénova en Madrid. O mesmo grupo protagonizou “Cleroflautas” e vestidos de sacerdotes irrompían nunha das asembleas de Podemos en Vista Alegre.

ESCOITA O PODCAST:
Ismael Crespo,un dos autores de Ultrarracionalismo

Publican o libro “Ultrarracionalismo” e un dos seus autores Ismael Crespo acude mañá a Ferrol. Presentará o volume ás sete e media da tarde no Casino Ferrolán. Os máis diversos teóricos da modernidade adoitan presentar este período como un proceso continuo de desenvolvemento tecnolóxico e económico, progreso nas artes e as ciencias, expansión da democracia e racionalización das institucións e os costumes. Con todo, persisten as contradicións do capitalismo, o colapso da civilización é inminente e o Pobo non vive nin viviu na modernidade tal e como os seus teóricos a describen.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora