A historia de Astano, presente na Semana Cultural de O Pote

A historia de Astano, presente na Semana Cultural de O Pote

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños -Fene-celebra a sua Semana Cultural entre o luns 17 e o sabado 22 de maio, con música coral, recital de poesía, teatro, danza e proxección de dun documental.O presidente de O Pote presentounos aprogramación que aporta novidades con respecto a edicións anteriores.

Hai novidades este ano, por exemplo a Festa dedicada aos nenos-as o venres 21 cunha exhibición de danza da escola de “Suso Perez lago” e unha merenda posterior. (20,30h). Tamén algo diferente será a proxección dun documental sobre a historia de Astano “ A forza dun soño” que presentará Angel Vizoso Galego, o martes 18 de maio.

Curioso será o recital de poesía, o mércores 19, porque recitarán poetas todas elas da parroquia, como Carmen Feal, Fina Pena, Finita Platas e María Teresa Rey. Esa noite cantarán Marta Díaz e a sua filla Helga Peña. O teatro é un fixo na semana cultural de Maniños.

O xoves 20, actua no Pote o grupo Luzada coa obra “O testamento do tío Lelé” dirixida por Manuel Basoa. O venres 21 desenvolverase a festa infantil á que faciamos referencia coa danza da escola de Suso Pérez Lago.

A Semana Cultural do Pote arrinca o luns, o mesmo 17 de maio coa apertura das exposicións dos traballos das escolas, ás 18,30h e coa musica coral dende as 21,30h, coa Coral de Balón, a polifónica Luar de Vilalba e a anfitriona do Pote. E pecha o sabado 22 de maio co baile da Flor arrufado polo Duo Boreal e o premio á mellor flor. Prevése a exhibición de bailes de salón. Antes, celebran unha cea para a que hai que reservar sitio no local ata o dia 19. 

Sociedade