A historia no aeroporto

A historia no aeroporto
02 de Outubro, 2019 - 12:44 h. | Publicada por Radiofusión

Os libros e as revistas de historia véndense nas librarías dos aeroportos. É un síntoma do crecente interese que o noso pasado desperta na cidadanía. A ese público pretende chegar “Mazarelos”, unha proposta divulgativa que quere conxugar co rigor histórico e coa utilización da lingua galega. Tamén pretenden combater a “sobre-información”, segundo aseguraron Miguel Rodríguez e Lucas Sánchez Taboada, dous dos promotores da iniciativa na que participan dezaoito persoas graduadas en Historia e Historia da Arte.

ESCOITA O PODCAST:

Falan dous dos promotores de Mazarelos:

http://173.255.131.18/audio/021019MAZARELOS.mp3

Miguel Rodríguez Martínez (Teo.1996)

Mazarelos é unha plataforma de artigos históricos e ciencias sociais afíns. Xurdiu a comezos deste ano en Internet , agora queren dar o salto ao papel  e puxeron en marcha unha campaña de macromecenato en Goteo Están abertos a máis colaboracións e teñen moitas ideas na cabeza, pero de momento o esforzo máis inmediato irá dirixido a sacar en papel Mazarelos, revista de cultura e historia.

Cultura

Publica o teu comentario agora