Historias da radio

Historias da radio
11 de Abril, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

As radionovelas foron precursoras dos actuais podcasts. Unha ficción dramatizada, actores e actrices de calidade, profusión de efectos sonoros e produción seriada eran elementos comúns duns programas que tiveron un notable éxito ao longo do século vinte.

ESCOITA O PODCAST:
Pablo Lago, foi o primeiro director de Radio Fene. Setembro de 1984

Ama Rosa

Os de la Riva, Amparo e Antonio, esperan un fillo que se malogra. No mesmo hospital, o mesmo dia e á mesma hora, a modestísima Rosa, gravemente enferma, que acaba de perder ademais ao home, ten un fillo. Polo ben da súa críatura, crendo morrer e dada a súa misería, Rosa pídelle ao doutor Beltrán que entregue ao neno a unha familia coñecida, que lle busque un fogar. Nada máis oportuno, Antonio de la Riva presenta ao recen nacido como o primeiro froito de Amparo. Ela non o saberá ata o final d anovela. Ama Rosa, san, preséntase na casa da familia adoptante. Amparo ofrécelle traballo. Coidará ao pequeno Francisco Javier. A maternidade foi enxalzada polo réxime de Franco. Unha nai decente debía sacrificarse totalmente polo ben do seu fillo. Ama Rosa estreouse en 1959 escrita e dirixida por Guillermo Sautier Casaseca.

 

El Coyote

El Coyote é a réplica hispana de El Signo del Zorro. Coa anécdota do Zorro, José Mallorquí ia lanzar o seu máis característico e popular personaxe.
España vivía penosamente a ditadura de Franco. Estados Unidos e Inglaterra puxeron en corentena ao réxime. Coyote representaba ao home que é quen de poñer corta-pisas aos espoliadores norteamericanos. O seu triunfo era literalmente a vitoria do hispánicos sobre o ianqui. El Coyote iniciase en forma de novela popular en 1943. Realizouse un programa radiofónico que superou os 100 capítulos e diversas versións cinematográficas. El Coyote constitúe un modelo actualizado dos protagonistas das novelas de cabalerías ou dos mitos do bandido xeneroso. A heroína necesita da axuda do heroe e del recibe apoio e consolo amoroso.

Matilde, Perico e Periquín

Matilde, Perico y Periquin son o gran exemplo histórico da radio comedia. As súa receita narrativa mantívose despois reencarnada en La saga de los Porretas. Matilde empezou a emitirse en 1958 e seguiu en antena ata 1971.A serie presentaba a unha familia de clase media coas súas incidencias humanas e os seus problemas. Os seus interpretes habituais foron tres grandes voces da radio na súa mellor época, Matilde Conesa, Pedro Pablo Ayuso e Matilde Vilariño. Houbo unha combinación do elemento familiar e do consumismo.

Os Porretas

La Saga de los Porretas empezou a emitirse na radio en 1976 e se mantivo en antena ata 1988. Toda unha marca na historia dos seriais radiofónicos.  O autor era Eduardo Vázquez. Entre os actores destacados Juana Ginzo, Matilde Conesa, Matilde Vilariño, Alfonso del Real e Rafael Taibo. Era a historia dunha familia de clase media, coas súas alegrías e as súas penas, con moito humor e linguaxe da rúa. O eixo da historia era o avó Porretas, vitalista e ligón, a pesar dos seus 80 anos. O fillo Avelino, a nora Candelaria e os seus netos, Juanito e Pepita. A acción desenvolvíase na casa do avó, no chalé familiar de Pinares del Vencejo e no Casino do Bo Xubilado.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora