Ho ho ho

A Asociación de comerciantes O Cruceiro trae a ilusión navideña ao comercio local coa campaña "Todo queda na casa"
13 de Decembro, 2018 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

A campaña Merca en Fene "Todo queda na casa" arrancaba esta mañá e non rematará ata o sabado. As compras nos comercios locais, con descontos e sorteos, adiántase para facela con calma e paseando.

ESCOITA O PODCAST:

Papá Noel anticipa a súa visita a Fene e non será raro velo polos comercios dende hoxe ata o sabado.  “Adianta o teu Nadal. Merca en Fene, todo queda na casa”, con este lema, o concello de Fene e comercio local poñen en marcha hoxe xoves 13, venres 14 e sábado 15, unha campaña especial para favorecer as compras de agasallos especiais. Os establecementos feneses ofrecen promocións e descontos e, cada cliente, recibirá vales para participar no sorteo de tres cestas valoradas en máis de 150 euros cada unha. Sorteo que se celebrará o vindeiro 21 de decembro ás 11 horas no salón de plenos da casa consistorial.

As rúas de Fene contarán con ambientación musical de panxoliñas e decoración propia destas datas. As guirnaldas identificarán os establecementos adheridos á iniciativa  que na súa maioría pertencen á asociación O Cruceiro. Begoña López, de O Baul de Bego, abría puntualmente a súa tenda na rúa do concello esta mañá, coa esperanza de facer unha boa campaña, a súa segunda campaña de Nadal. Saímos do comercio de Bego cunha das 2.500 bolsas vermellas elaboradas con material reciclado para esta campaña. Elexir o comercio local e favorecer as compras en establecementos próximos é o que pretende a campaña "Todo queda en casa".

Sociedade

Publica o teu comentario agora