A homenaxe de Maniños a Don Francisco Vizoso

A homenaxe de Maniños a Don Francisco Vizoso

10 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O actual presidente de Asturias Vicente Alvarez Areces -daquela alcalde de Xixón- participou en Maniños (Fene A Coruña) na homenaxe que a sociedade O Pote rendiu en 1996 a Don Francisco Vizoso, músico e latinista que exerceu unha marcada influencia nas xeneracións de alumnos que pasaron polo Instituto Jovellanos de Gijón entre 1954 e 1989.

Ademáis do maxisterio do latín, Francisco Vizoso realizou en Asturias unha inxente labor musical, colaborando como frautista en varios grupos de cámara, creando a Aula de Música no Instituto Jovellanos e na crítica musical, analítica, densa e profunda realizada no diario El Comercio entre 1963 e 1988. En 1992 o Consello de Goberno do Principado concedeulle a medalla de Asturias na categoría de prata. Tamén lle impuxeron a Cruz de Afonso X o sabio nun acto celebrado en Ferrol en 1995. En 1996 a súa parróquia natal de Maniños lle rendiu unha homenaxe descubrindo unha placa na súa lembranza no parque da sociedade O Pote. Morreu en 1997.

Cultura