Homenaxe galega a José Couso

Homenaxe galega a José Couso
08 de Abril, 2020 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

O disparo non respondía a ataques nin a ningún risco para o soldado. Foi por mera sospeita, ou ataque preventivo ou intimidatorio. En suma, puro terrorismo bélico. Unha morte porque si.

ESCOITA O PODCAST:
José Couso Permui

Fala así o escritor José Luís Sampedro no libro “Una mirada incómoda” que lembra ao xornalista nacido en Ferrol, José Couso Permui asasinado por un tanque norteamericano nun hotel de Bagdad, tal dia como hoxe, un 8 de abril de 2003.

Aprazamento da homenaxe

A familia de José Couso decidiu aprazar polo confinamento as concentracións que todos os oito de abril realizan diante da Embaixada de Estados Unidos en Madrid e na Praza José Couso de Ferrol. Traballan na organización dunha homenaxe que posiblemente se realice en Galicia o 11 de setembro, segundo adiantou en Radio Fene o tio de Couso, Quico Permui.

A familia de José Couso, o reporteiro nacido en Ferrol,  asasinado en 2003 durante a guerra de Iraq, conseguiu unha importante vitoria nos tribunais. A Audiencia Nacional condenou ao Estado a indemnizar con preto de 182.000 euros á viúva e dous fillos do xornalista por non prestarlles axuda diplomática para que EE UU "reparase o dano causado". Nunha sentenza da Sala do Contencioso-administrativo, dada a coñecer en xaneiro, os maxistrados subliñan que a Administración española abandonou á familia do xornalista e limitouse a recibir e aceptar as explicacións ofrecidas por Estados Unidos". O Ministerio de Xustiza indicou que se recurriría esta sentenza "para evitar a criación de precedentes".

O irmán de José, Javier Couso, afirmaba en Radio Fene que o goberno de Estados Unidos sabía o que estaban facendo as súas tropas en Iraq. E logo protexeu aos acusados do asasinato. Ten toda a responsabilidade, segundo Javier Couso.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora