Homenaxe a Pérez Parallé no centenario

Homenaxe a Pérez Parallé no centenario

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As duas entidades sociais de Fene que maís contacto tiveron co poeta Xosé María Parallé, a Liga de Amigos de Barallobre e o CMI Unidade de Fene, celebran xuntas o centenario do poeta nos meses de maio e xuño. Colabora cos actos a concellería de Cultura de Fene.

O dia 19 de maio inaugurase unha exposición foto-biográfica do autor de “Dorna romeira” na Casa da Cultura de Fene. Os actos da homenaxe distribuiranse en dous dias, empezando o 4 de xuño na Liga de Amigos de Barallobre onde se realizará a ofrenda floral e se descubrirá unha placa conmemorativa no parque que leva o nome de Pérez Parallé. O acto contará coa actuación do grupo de baile Bolboretas e a Rondalla Estrelecer.

A homenaxe trasládase o 5 de Xuño  ao CMI Unidade de Fene onde se escenificarán e recitarán obras do segrel do Penedo.  É o caso da escenificación dun diálogo en verso do poema “Noite”  ou o recitado do poema “Lembranzas de Fene”.
Ese dia comeza un ciclo de conferencias sobre Pérez Parallé. O acto culminará coa queimada na que se declamará o esconxuro escrito polo homenaxeado.

Pérez Parallé naceu no barrio de Canido en Ferrol no ano 1909 e falecía en Fene no ano 1987. No 2007 a Liga de Amigos de Barallobre celebrou un congreso para rescatar a sua figura, coincidindo co vixésimo cabodano. Agora os actos conmemorarán o centenario.

Sociedade