The Homes despídense

The Homes despídense

22 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O grupo compostelán The Homens tocará este venres o seu repertorio de pop extremo no Cine Alovi de As Pontes. Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar. Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pon

A entrada ao concerto, que arrinca ás 21:00 horas,  custa 3 euros, e pode mercarse esta mañá na taquilla do Auditorio Municipal e mañaá, día da actuación, de 12.00 a 13.30 e a partir das 19.30 horas ata o comezo do concerto.
 
O grupo compostelán leva seis anos tentando cadrar a ecuación que combina melodía, enerxía e actitude, o gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, engadíndolle psicodelia e experimentación. O seu último disco, Cuarta potencia (2009), continuación do seu celebrado Tres, é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro, e mostra á banda máis preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco contén doce cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en un lustro de xira sen fin.
 

Sociedade