A hora do diálogo no BNG

A hora do diálogo no BNG

19 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Alternativa pola Unidade de Guillerme Vázquez iniciará un proceso de diálogo coas outras correntes do BNG de cara a achegar posturas diante da Asamblea Nacional Extraordinaria que a formación nacionalista celebrará o vindeiro 10 de maio. As candidaturas a delegados apoiadas pola UPG obtiveron o 47% dos apoios nas concurridas asambleas comarcais da formación nacionalista. Máis BNG (Carlos Aymerich) obtivo o respaldo do 36% dos militantes, mentres que as List

Unha vez elexidos os 2500 delegados que asistirán ao cónclave extraordinario, semella confirmarse que na Asamblea se presentarán 3 candidaturas para os 50 membros do Consello Nacional. Na mesma cita congresual os integrantes da dirección propoñerán ao plenario unha executiva que deberá contar ao menos co respaldo de 15 membros do Consello. Con ese horizonte todas as opcións permanecen abertas ainda que inicialmente semella que conta con máis apoio a posibilidade de intentar un acordo a tres bandas no que se integraran todas as correntes internas do BNG. Calquera outra alternativa (Vázquez- Aymerich, Aymerich- Beiras ou Vázquez-Beiras) resultaría desestabilizadora para o futuro inmediato do Bloque, dado que crearía feridas internas dificiles de curar.

Institucional