As horas sentidas dunha noite milagreira

As horas sentidas dunha noite milagreira
18 de Marzo, 2019 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

Moza lua, pintureira, debuxando margaridas pola carripa longueira: lá, no ceo, esparexidas, conchegas dunha areeira, brilan nas horas sentidas dunha noite milagreira. Os versos de Xosé María Pérez Parallé traennos o recendo da Noite das Pepitas, a xornada na que a música se fai dona das rúas e bares de Ferrol.

Rondalla Mugardesa.2013

Troyanos de Compostela é a nova rondalla que se estreará esta tarde noite en Ferrol. Xunto a ela acudirán Añoranzas, Bohemios, Sonidos del Alba, Club de Campo, Lucero del Alba, Rondalla Mugardesa e Rondalla de Cariño. O programa comezará no Teatro Jofre co acto institucional ás cinco da tarde. A continuación sobre as seis da tarde, as agrupacións cantarán polas rúas, establecementos de hostelería e entidades. As oito da tarde comezará o Festival nunha carpa instalada na Praza de Amboaxe. A Noite das Pepitas conta con máis de 120 ahos de historia. Foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia. Na mesma xornada Ferrol celebra un acto de irmanamento con Mondoñedo.

Música en Artabria

Às 20.30h decorrerá um atelier de danças galegas, portuguesas e da Europa Central com Uxio Leira. Às 22.30hs concerto do zanfonista Ariel Ninas.Ariel Ninas, músico ligado ao projeto d’aCentral Folque desde o 2007, oferecerá um concerto de graça na Fundaçom Artábria. Será umha viagem por distintas melodias, improvisaçons, versons de cançons de autor e tradicionais intepretadas com zanfona. E para fechar a jornada foliada ártabra.

Cultura

Publica o teu comentario agora