ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Boa parte do mundo celebra hoxe o April fool´s day (dia dos parvos de abril) poissón d´avril, pesce de aprile ou dia da mentira. En Francia, Alemania, Italia, Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Brasil e outros paises fan festa adicada ás bromas, un peculiar dia dos Santos Inocentes.
Hai varias explicacións sobre a orixe deste costume, pero a máis convincente se remonta a 1564. Nesa época o rei Carlos IX de Francia decreta a adopción do calendario gregoriano. Ata ese momento, os franceses celebraban o inicio do ano o 1 de abril. Os opositores ao cambio seguiron festexando o novo ano a comezos de abril, e os máis bromistas decidiron ridiculizalos entregando agasallos absurdos e convidando a festas inexistentes. Así podería ter nacido a tradición de facer trasnadas o 1 de abril.