A humidade provoca a suspensión do III Trofeo Concello de Guitiriz

A humidade provoca a suspensión do III Trofeo Concello de Guitiriz

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O III Trofeo Concello de Guitiriz de fútbol sala non chegou ao seu final. A condensación, produto da humidade existente no Municipal guitiricense, fixo que o partido amigable entre o Azkar Lugo e a Selección Galega fose suspendido no minuto 10 da primeira parte, cando o electrónico amosaba un 2 a 1 en favor do equipo lucense.

O estado do firme do pavillón chairego, moi resbaladizo por mor da condensación debido á xornada chuviosa que se viviu onte en Guitiriz, resultaba moi perigoso para os xogadores, xa que podían sufrir algunha lesión polas continuas caídas. Por iso, os responsables dos dous equipos e da organización decidiron non arriscar e suspender o choque.

 

 

A organización do Trofeo manifestou que buscará unha nova data para volver a desputar o partido, e que será comunicada cando sexa definida.

Deportes