Humor en tempos de pandemia

Fene entregará os premios Curuxa e Curuxa Nova o 6 de novembro
16 de Outubro, 2020 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

A exposición dos Premios Curuxa 2020 amosarase no Museo do Humor de Fene do 19 de outubro ao 28 de novembro. A entrega dos Premios Curuxa aos gañadores do certame será o venres 6 de novembro, coincidindo co comezo do ciclo “Novembro, mes do humor"

A Casa da Cultura de Fene acollerá a partir do vindeiro luns a exposición dos Premios Curuxa 2020, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene. A mostra consta de 55 obras entre as que salientan as dos artistas galardoados este ano: “Se nos quema”, de Sebastià Martí Benedí (1º premio na categoría Curuxa), “S/t”, de Robert John Holt Schmelzer (2º premio na categoría Curuxa), “Respira”, de Hugo Feal Permuy (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Ciclo”, de Luciano Ripio Molina (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "Infrinxindo as normas", de Manuel Arriaga de León, e “Vacacións Mundiais Z”, asinado por Lucas Sixto Carballeira.

Entrega de premios no CMI

Segundo informan dende a Concellería de Cultura de Fene, atendendo á normativa vixente para facer fronte á Covid-19, este ano non haberá acto de inauguración da exposición. O que sí se mantén é a entrega dos Premios Curuxa aos gañadores do certame para o venres 6 de novembro, coincidindo co comezo do ciclo “Novembro, mes do humor”. O acto terá lugar no CMI Unidade de Fene con reserva de entradas e cumprindo con todos os protocolos sanitarios e hixiénicos en vigor. A mostra dos Premios Curuxa 2020 poderá visitarse na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor dende o luns 19 de outubro até o sábado 28 de novembro no seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a instalación permanecerá pechada. As visitas serán libres. Non será preciso solicitar cita previa pero o aforo estará limitado a 10 persoas como máximo na sala de exposicións de xeito simultáneo.

Obras presentes na exposición

Na exposición, amais dos debuxos gañadores e finalistas do certame, amosaranse obras de Eduardo Pérez Baamonde, Alexandre Marín, Santy Gutiérrez, Asier Sanz Nieto, Iñaki Martiarena, Juli Sanchís Aguado, Nani Mosquera, Omar Figueroa Turcios, César Ordóñez, Irbis Manul, José Rubio Malagón, Jano, Bárbara Picucci, Menta, Juan Carlos Cortés, Antonio J. Ventura, Iria Méndez, José Luís Álvarez Córdoba, Ignacio Pérez Crespo, Anne Derenne, Alfonso M. Barreiro, Jorge Campos, Guillermo Oliva, Isabel Núñez, Laura Tabarés, Javier Villares, José Luís Andújar Matalobos, Vicente Benavent, Francisco Javier Pérez de la Rosa, Adolfo Vázquez, José Mansilla, Miguel Fernández, Fernando Tomé, Miguel Ángel Fernández Rojo, Isidro Gil Morales, Cristina López Varela, Alberto Calvo Areal, Alba M. Míguez, Iria Gómez Paz, Jorge Fernández, Rafael Clemente, Zaida Novoa, Asier Iturralde, Delio Rodríguez, Mateo Alvarellos, Brian Benedicto González e Alexandre Senande. Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 Fene (A Coruña) Tfno. 981 492707 2 Como se ven facendo nos últimos anos, a exposición física dos Premios Curuxa completarase cunha exposición virtual que incluirá todos os traballos presentados ao certame nesta edición. A mostra estará o operativa na web do Museo do humor (http://www.fene.gal/museo-do-humor/exposicions/gl) a partir do luns 19 de outubro e por tempo indefinido.

Na imaxe, a obra do 1º premio Curuxa 2020. "Se nos quema" de Sebastiá Martí)

Cultura

Publica o teu comentario agora