A igualdade, condición previa para o desenvolvemento sostible

A igualdade, condición previa para o desenvolvemento sostible

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes súmase aos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, adheríndose á “Declaración de Cádiz” asinada por 25 ministras e representantes dos Gobernos da Unión Europea no II Cumio Europeo de Mulleres no Poder celebrado o pasado mes de febreiro na cidade gaditana. Un texto que reivindica a rentabilidade das políticas de igualdade entre mulleres e homes para sair da crise económica e in

Así e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora o próximo 8 de marzo, o Concello de Ordes difundirá unha das frases recollida en dita declaración a través das diferentes plataformas informativas municipais, como son as pantallas luminosas do municipio, a web do Concello e a radio municipal.

A mensaxe escollida foi a seguinte “...a igualdade entre mulleres e homes é unha condición previa para o crecemento sostible, o emprego, a innovación, a competitividade e a cohesión social”.

Sociedade