Ilustrar é contar

O 30 de xaneiro é Dia da Ilustración.
29 de Xaneiro, 2020 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca municipal de Fene celebra o Dia da Ilustración (30 de xaneiro) cunha Mostra de Homenaxe á ilustración galega. Permanece nas instalacións da biblioteca ata o venres 31 de xaneiro.  Un debuxante fenés, Carlos Sardiña, participa nos actos deste mesmo dia en Ferrol, no IES Concepción Arenal.

O Club de Prensa de Ferrol, súmase a celebración do Día da Ilustración, organizando na Biblioteca Municipal de Ferrol, unha homenaxe a Cándido Fernández Mazasno que participarán a historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel, o profesor de debuxo artístico do IES Concepción Arenal, Quico Souto e o ilustrador e debuxante fenés, Carlos Sardiña (na imaxe) quen fará un percorrido polas distintas técnicas de ilustración que ven desenrolando nos seus traballos como debuxante e ilustrador, ante os rapaces asistentes. O acto con entrada libre celebrarase mañá 30 as 19horas na Biblioteca Municipal de Ferrol. Cándido Fernández Mazas naceu en Ourense, en1902 e faleceu en Castro Caldelas, no 1942. Artista e escritor, colaborou como ilustrador en publicacións como Nós ou Alfar. Formou parte (xunto a artistas como Luís Seoane) da xeración do 30, renovadora da plástica galega. Ilustrou numerosos libros e asinou baixo distintos pseudónimos en xornais como La Zarpa, Galicia, El Pueblo Gallego ou Política. En 1925 obtivo unha bolsa para estudar arte en París, onde depurou o seu debuxo e coñeceu artistas da vangarda como Robert Delaunay ou Tristan Tzara.

 

(o cartaz pertence a Xulia Pisón, ilustradora e debuxante de banda deseñada).

Cultura

Publica o teu comentario agora