Imos de Andaina, Por+vida

Imos de Andaina, Por+vida

30 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Por + vida ultíma a súa VI Andaina cuxa recadación destinará este ano aos nenos- as enfermos de cancro do Hospital Universitario de Santiago. A Andaina, que naceu hai seis anos no grupo de preparación física contra a fatiga oncolóxica, ven ser unha maneira de visibilizar á asociación e de amosar que a prevención e o deporte poden axudarnos a vivir mellor, segundo palabras da Secretaria da asociación fenesa,

 A Andaina sairá ás 10,30 da mañá do domingo, dende a praza do concello, despois de que as persoas participantes recollan o dorsal. Durará unha hora e transitará doadamente por Foxas, Mundín e Centieiras. Ao regreso, na Praza do Concello, estarán instalados os postos nos que se venden as cousas feitas no taller de manualidades, que se reúne os venres de 5 a 7 no seu local de Fonte do Campo. Obxectos artesanais que venderán o domingo pola mañá na praza, entre os que a presidenta de Por+vida, Rosa Graña, desta os colares e pulseiras feitas con farrapos, tamén reloxos e xabrón natural.

Ao remate da Andaina, a escola de Fene Fussion Dance, fará unha demostración de danza, para continuar coa lectura do manifesto e a entrega do cheque coa recadación. Dende a unha da tarde serán os máis pequenos os que disfruten coa animación do grupo La Güagüa.  A cita, este domingo 1 de xuño pola mañá na Praza do Concello de Fene.

Sociedade