Imos despacio porque imos lonxe

Imos despacio porque imos lonxe

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A bicicaravana reivindicativa en defensa da terra visita Ferrolterra. Ata o sábado programan catro roteiros na comarca para chamar a atención sobre os problemas ambientais que afectan á zona actualmente. Onte percorreron As Pontes, para denunciar o proxecto da mina de andalucita que se pretende explotar en Goente e o recheo do lago da mina de lignito con augas do río Eume. Hoxe o escenario foi de novo as Fragas do Eume  onde se celebrou ás oito da tarde unha charla in

Baixo o lema “Imos despacio porque imos lonxe” a bicicaravana antipetroleira “La Revuelta a Irlanda” arrincou o pasado 5 de maio de Madrid. En terras irlandesas protestaron contra un gaseoducto experimental que a petroleira Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste da illa. Na súa andaina reivindicativa xa visitaron, entroutros lugares, Asturias ou Cantabria. Nestes días enarbolan a defensa da comarca de Ferrolterra.

A bicicaravana lanza unha mensaxe para reflexionar sobre a reserva enerxética e as demandas de enerxía e cara onde imos coas actuacións acometidas neste campo. En Ferrol farán uns roteiros polos puntos negros da ría. Mañá sairánás seis da tarde do espigón da Avenida do Mar de Caranza para protestar pola regasificadora de Reganosa. Segundo un dos voceiros da marcha “a planta de gas supón un atentado ecolóxico. A súa ubicación é perigosa e ademais provoca un arrefríamento das augas da ría. Outra das instalación contaminantes é Megasa polo que se pode afirmar que a ría de Ferrol é das máis contaminadas de Galicia”. Ás oito haberá unha charla no Espazo Libertario da avenida de Esteiro. Por último, o sábado sairá o último roteiro ás once e media da mañá da ferrolana praza do Inferniño con destino a Mugardos para unirse aos veciños na súa loita contra Reganosa. Despois celebrarase unha festa e un “xantar solar” para incidir no perigo das antenas parabólicas.

Os integrantes da bicicaravana reivindicativa apostan por un modelo enerxético que respecte o medio ambiente. “Non é necesario estragar á natureza. Xa hai demasiados trens de alta velocidade, liñas de alta tensión….” Con esta fin percorren o territorio difundindo unha loita á que se pode sumar todos os interesados/as. 

Sociedade