A importancia da psicoloxía no deporte

A importancia da psicoloxía no deporte
12 de Novembro, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

A actualidade deportiva non adoita ser tratada dende un punto de vista psciolóxico que, na maioría de ocasións, é un factor clave para entender o mundo das competicións deportivas, independentemente da súa disciplina. Hoxe preséntanse dous casos totalmente diferentes: as declaracións de Seeforf e o estado de saúde de Maradona, analizados por José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia. Psicólogo

Seedorf falou do Deportivo da Coruña apelando á súa falta de organización interna. Usou os cualificativos como “deprimente” para explicar a situación que se atopou no conxunto branquiazul cando el chegou.

 

O psicólogo Jośe Barcia recalca que esta era a súa opinión propia, o que el veu dende fora e como adestrador. Mais isto é o normal. A percepción que temos das cousas é moi persoal e depende de factores externos, pero sobretodo de internos.

 

E do adestrador holandés pasamos ao icónico arxentino Diego Armando Maradona. A súa saúde é bastante fráxil nestes momentos debido aos problemas co alcol e as drogas. O seu médico, Leopoldo Luque fala de que “son días axitados”.

Barcia recalca a importancia de non esquecer que o alcol é unha droga como outra calquera o que pasa e que nunca tivo esa “mala prensa” que tiveron outras, está normalizado. Lembra que é unha das adiccións máis complicadas e a máis común.

Pero non só iso, cada vez está máis relacionada con outras adiccións como a ludopatía que afecta, cada vez máis, aos más novos do país.

Isto son soamente dous exemplos da necesidade da saúde psicolóxica no deporte ou na vida cotiá. Moitas veces esquecemos que a psicoloxía é unha parte crucial do deporte, entre moitas outras cousas.

Deportes

Publica o teu comentario agora