Imprevistos e descontrol

Imprevistos e descontrol
04 de Febreiro, 2019 - 11:22 h. | Publicada por Radio Fene

O encadenamento de vitorias está cada vez máis caro na Segunda Galicia de fútbol. Ainda máis cun rival do empaque do Valdoviño desta tempada. Perlío 2 - 2 Valdoviño. Os imprevistos e o descontrol multiplicáronse no campo dos Pinares.

ESCOITA O PODCAST:
Perlío 2 - 2 Valdoviño. Segunda Galicia de fútbol

Adiantouse o equipo visitante, empatou o Perlío de penalty e logrou remontar con outro tanto. “Nese momento non nos pitan un penalty claro a Pocho e despois expulsan a Diego por un segundo cartón amarelo que non se merecía. Da zona do banco do Valdoviño lanzan unha botella ao campo e o arbitro require da presencia da forza pública para continuar o partido. Cando se persona a Policia Local reanúdase o encontro e logo prolonga oito minutos e na última xogada do encontro nos empata o Valdoviño” relata Chechu Piñeiro. Pero o Perlío segue de líder da categoría e lévalle catro puntos ao segundo clasificado.

Deportes

Publica o teu comentario agora