Imputan aos máximos responsabeis de Adif polo accidente de Angrois

Imputan aos máximos responsabeis de Adif polo accidente de Angrois

24 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O xuíz Luís Aláez citou a declarar como imputados a un total de 22 cargos de Adif en relación co accidente ferroviario rexistrado en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo. Entre os imputados figuran os tres últimos presidentes do ente.   Nun auto emitido este martes, e como xa adiantara na súa comunicación do 9 de setembro, Aláez cita a declarar como imputados a estes cargos entre o 9 de outubro e o 11 de decembro nos xulgados de S

   Os novos imputados de Adif correspóndense cos responsables dos cargos de director de Seguridade na Circulación, xerente da área de Seguridade na Circulación Noroeste, xefe de Inspección da Xerencia de Área de Seguridade na Circulación-Noroeste e inspectores desta xefatura desde que se inaugurou o tramo no que tivo lugar o sinistro. A pasada semana, o xuíz xa tomou declaración as cinco persoas que ostentan na actualidade estes cargos.

   Así mesmo, no auto deste martes figuran tamén como imputados os vogais do Consello de Administración desde a inauguración do tramo e o tres últimos presidentes de Adif, entre eles o actual. O auto advirte neglixencia na seguridade do tramo de AVE entre Ourense e Santiago e denuncia que no cambio de sistema de frenado ERTMS polo ASFA primaron "outro tipo de intereses" que provocaron unha "evidente perda de seguridade".

Sociedade