Inauguradas as obras do no parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

Inauguradas as obras do no parque Félix Rodríguez de la Fuente de Ordes

13 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O goberno local do Concello de Ordes inaugurou hoxe as obras do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicaron dende o grupo de goberno, consistiron na renovación do peche, melloras no entorno, a colocación de novos xogos que substitúen aos anteriores e que están adaptados á normativa europea de seguridade, a adaptación dalgún dos existentes, así como a colocación de caucho no chan.

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción polo resultado das obras que asegurou, “permitiron habilitar e mellorar unha zona de esparcimento e de ocio para nenos e incluso para maiores no centro do municipio, á vez de dotala de máis xogos e maior seguridade para os pequenos”.

O edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Jesús Pedreira, insistiu en que con estas obras o parque queda totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades.

Sociedade