Incómoda primeira parte

Meirás 3- Barallobre 0
23 de Setembro, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

O encontro decidiuse na primeira parte que foi incómoda para o Barallobre. Na segunda xa xogaron de tu a tu. Na próxima xornada descansa O Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:

Outra sorte ben diferente ao Perlío ou o Maniños viviu o Barallobre que apandou con tres goles no campo do Meirás. Meirás 3- Barallobre 0. Un encontro que se decidiu na primeira parte, en palabras do técnico Oscar Varela. Xa no primeiro minuto do encontro adiantouse o Meirás que creou perigo durante toda a primeira metade mentres o Barallobre estivo bastante frouxo e nada cómodo. O Meirás marcou o segundo tanto antes do descanso.

O Barallobre reaccionou na segunda metade. Estivo máis agresivo, máis metido no encontro, que proseguiu máis igualado. De feito tiveron algunha ocasión que topou cos postes. Reflexiona Oscar Varela que, se tivera entrado un deses, sería outra historia.

“Na segunda parte xogamos de tu a tu” afirma Varela, pero no minuto 85 entra un balón longo do Meirás e sentencia o partido. Agás o primeiro que se lle escorre das mans, nos outros dous tantos, o porteiro do Barallobre non tivo nada que facer. Declara o técnico do Ramo que o Barallobre ten dous bos porteiros e que os dous terán minutos. (Na imaxe os gardametas do Barallobre, Edu Rodríguez Castell e Daniel Malde Gavela).

Descansa

O Barallobre descansa a próxima xornada. Terán quince dias por diante para adestrar, unha situación que lles virá ben. Segundo o técnico, hai varios xogadores con sobrecarga e  en dúas semanas poderían estar en plena forma.

Deportes

Publica o teu comentario agora