Incomparecencia do rival

Incomparecencia das rivais
02 de Novembro, 2021 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

“O Orzán B aprazara xa o partido anterior. Querían xogar coas mesmas xogadoras a liga cadete e a segunda división feminina. Pero a Federación Galega de Fútbol non permite xogar as dúas competicións. Para a nosa sorpresa o equipo rival non apareceu e unha hora antes do inicio, a Federación comunica ao noso coordinador que se suspende o partido. Tampouco avisaron ao árbitro. É unha vergonza que te avisen só unha hora antes” salienta o adestrador do Perlío Juan José Lorenzo. 

ESCOITA O PODCAST:
Primeira xornada da Segunda División Feminina. Campo dos Pinares. Perlío

O Perlío agarda que lle dean por gañado o partido con un marcador de 0- 3 por incomparecencia do rival.

Deportes

Publica o teu comentario agora