Indagar na falta de ameixa na ría

Indagar na falta de ameixa na ría
22 de Febreiro, 2021 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Facer unha diagnose interal da ría de Ferrol. Para iso a confraría de Barallobre convocou ás diferentes administracións e organismos relacionados, a unha mesa a celebrar o dia 3 de marzo en Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O dia 3 de marzo ás 10.00h a Confraría de pescadores de Barallobre convocou unha Mesa de traballo para analizar a situación da ría de Ferrol co fin de facer un diagnóstico integral da ría. En palabras do patrón do pósito de Barallobre, Jorge López Pena, levan dous anos peleando coa administración buscando solucións á baixa produtividade da ameixa. Despois de achacar o problema a un parasito, o “perkinsos”, as últimas análises deron negativo, por iso “semella que hai outros problemas a atallar”, afirma López. Para examinalos teñen convocado a numerosos representantes das diferentes administracións e organismos relacionados co sector e que son os seguintes: Consellerías de Pesca e Medioambiente; Autoridade portuaria e Augas de Galicia; a Estación de bioloxía mariña de A Graña; a Subdelegación do Goberno; Ministerios de Fomento e Medioambiente; as tres confrarías da zona cos seus respectivos biólogos e representantes da Mancomunidade de Municipios da ría de Ferrol.

Todos eles están convocados o dia 3 de marzo ás 10.00h na Casa da Cultura de Fene para debater e buscar solucións. Segundo Jorge López, desde o mes de novembro están aguantando porque a maioría dos  mariscadores acoden ás zonas libres de Ares e Sada e só dez faenan na ría de Ferrol. “Isto está salvando a campaña pero no mes de marzo acabouse, non haberá produto para todos”, explica López Pena. Na confraría de Barallobre produciuse un repunte nas ventas de ameixa grazas a faenar nas zonas libres de Ares e Sada e porque boa parte dos socios acoden a vender a Barallobre porque se cotiza mellor o produto taxado entre 18 e 23 € o quilo. Por iso hai un aumento de ameixa vendida no pósito fenés.

Institucional

Publica o teu comentario agora