A indignación de Feijóo contra Díez e Montilla muda en comprensión no caso de Aznar

A indignación de Feijóo contra Díez e Montilla muda en comprensión no caso de Aznar

01 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Rajoy tiene una gran experiencia y una gran capacidad de resolución, lo que pasa es que tiene que tiene su forma de ser, su personalidad, su estilo, su modo de ver las cosas, su origen gallego y ejercicio gallego, pero el es una persona con experiencia y buena capacidad de resolución”. Trátase dun extracto da entrevista que o xornalista Pedro J. Ramírez lle realizou nun programa de televisión ao ex presidente do Goberno de España, Jos&e

As reflexións de Núñez Feijóo arredor da intervención de quen fora presidente do seu partido resultan totalmente diverxentes as pronunciadas noutras circunstancias semellantes. Cando Rosa Díez e Montilla empregaron o termo “gallego” para criticar a rivais políticos, Feijóo falou de falta de respecto e esixiu rectificacións. 
A oposición política en Galicia reaccionou de xeito vehemente ás declaracións do ex presidente español. O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, interpretou as súas palabras como “racismo anti-galego” e criticou que Feijóo “asista impasible aos ataques ao noso País sen mover un músculo da súa faciana”. “Reaccionario e intolerante” foron outros cualificativos que o nacionalista empregou para definir a Aznar, afirmando que o único galego ao que este lle “profesa admiración” é Franco. 
Tamén o secretario xeral do PsdeG, Pachi Vázquez, reclamou de dous galegos como Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo que “pidan desculpas e desautoricen as palabras de Aznar”. “Non queda espazo para medias frases e medias verdades”, afirmou o líder socialista, asegurando que nunca escoitara “maior insulto, porque seguramente a única virtude que ten Rajoy é precisamente ser galego”.Dende o PsdeG tamén se manifestou o deputado José Manuel Lage Tuñas, declarando que “abonda xa de aturar a desconsideración de outros ao tentar minusvalorar a nosa condición, porque non temos nada que desmerecer”. Para o socialista, Aznar demostrou ser “un cretino”.
Institucional