Industria convence aos camioneiros do carbón para que rematen co seu peche en As Pontes

Industria convence aos camioneiros do carbón para que rematen co seu peche en As Pontes

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

As centrais térmicas de As Pontes e Meirama manterán a súa actividade e conservarán todos os seus postos de traballo malia a aplicación do decreto do carbón. Foi o compromiso que a Dirección Xeral de Enerxía do Ministerio de Industria transmitiu nesta xornada e que decidiu aos camioneiros que transportan os lignitos dende o Porto de Ferrol até a factoría de Endesa, a levantar o peche que, dende habí

A través dun comunicado, o deputado nas Cortes do PSdeG Xavier Carro manifestou que o Ministerio lle transmitiu aos camioneiros e ao alcalde socialista de As Pontes que o acompañaron nunha xuntanza en Madrid o compromiso de que “non haberá risco de peche ou desmantelamento” das plantas térmicas de Ferrolterra e Cerceda. Asemade, Industria acepta establecer “as medidas compensatorias correspondentes” se o Comité de Seguimento do decreto establece que os privilexios para as factorías de carbón autóctono supoñen un impacto negativo nas que, como os galegas, traballan con materia prima importada. A posible compensación, segundo a mesma nota, estableceríase “no marco da normativa europea”.

Ademais de rematar co peche, os camioneiros terían accedido a expor as súas reivindicacións no devandito comité de seguimento e a interceder perante a Xunta para que retire o recurso que presentaron contra o decreto do Estado, e no que a Administración galega teima malia que as medidas cautelares sobre a norma xa foron desestimadas en varios tribunais. 

Sociedade