A informática no centro sociocomunitario

A informática chega ao centro sociocomunitario
20 de Novembro, 2018 - 01:49 h. | Publicada por Radio Fene

Unha comida baile organízase este venres no Centro sociocomunitario, antigo centro da terceira edade de Fene. O menú ascende a dez euros por persoa. Recóllense as reservas na cafeteria do centro no número 610 990683 (Jessica).. Patricia encargarase da amenización musical. O baile comezará sobre as cinco e media da tarde. No descanso serviránse pinchos.

Persoas usuarias do Centro Sociocomunitario de Fene

Desde o centro, informan de que permanece aberto o prazo de inscrición nos cursos de memoria, pilates e ioga. Este ano como novidade impartense tamén cursos de informática. Cun grupo mínimo de dez persoas, pódese impartir asimesmo calquera outra materia que rexistre demanda.  Para máis información, no Centro sociocomunitario de Fene, ou no teléfono 881 930121.

Sociedade

Publica o teu comentario agora