A información é poder

Zafiro Tours cumpre o primeiro ano de vida na avenida Marqués de Figueroa de Fene
30 de Xaneiro, 2019 - 09:40 h. | Publicada por Radio Fene

Ana Rodríguez Loureiro, da axencia de viaxes Zafiro Tours visitou FITUR para celebrar o primeiro aniversario da oficina fenesa.

ESCOITA O PODCAST:

Viaxar é vivir experiencias. Agora calquera época do ano é boa para facelo. Son reflexións de Ana Rodriguez Loureiro, da axencia de viaxes fenesa Zafiro Tours. Ana acudiu a pasada semana a FITUR en Madrid e volveu moi contenta. Recolleu moita información sobre ofertas de todo o mundo e, segundo afirma,a información é poder.

Galicia presentou en FITUR as súas ofertas baseadas na gastronomia e tamén arredor do Xacobeo 2021. Ana Rodriguez lembra que Fene está ao comezo da ruta do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. A xente que pasa por aquí consume e logo fala do que ve.

Cultura

Publica o teu comentario agora