Ingemarga retira o ERE pero evita pronunciarse sobre o seu futuro en Guitiriz

Ingemarga retira o ERE pero evita pronunciarse sobre o seu futuro en Guitiriz

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A empresa Ingemarga retirou o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para a súa planta de Guitiriz. Sen embargo, a razón desta acción non se fundamenta nunha clara marcha atrás do proceso por parte da firma graniteira, senón na redución da plantilla gracias ás baixas incentivadas ás que se acolleron 55 dos 64 operarios aos que afectaba o ERE.

Desde os sindicatos se valora esta operación como “un ERE encuberto”, no que a única razón da empresa era “comprar as vontades dos traballadores” e “xogar co medo a que o ERE fose adiante”. Así, co sistema de baixas voluntarias os traballadores cobrarán 35 días por ano traballado, fronte ao risco de cobrar só 20 se o expediente ía adiante, a pesar do informe desfavorable emitido pola Consellería de Traballo. Por elo, moitos dos obreiros decidiron aceptar estas condicións, xa que é “menos que nada”, segundo estableceron os seus representantes.

 

 

Para a UGT, a manobra da empresa “era amedrentar aos traballadores para que saísen por eles mesmos e non chegar ao final do proceso”. Final que non se adiviña polo de agora, xa que desde a empresa non se asegura a súa continuidade en Guitiriz  a medio prazo. “Na primeira reunión informouse de que, no suposto de realizar outro ERE, este sería de extinción da empresa, aínda que na xuntanza de onte non se nos comunicou nada ao respecto”, estableceron fontes do sindicato.

 

Ingemarga avogou por establecer un tempo de espera para clarificar o seu futuro e instou a agradar ata o final do verán e avaliar a situación para determinar a súa posición e as medidas a adoptar.

 

Segundo os sindicatos haberá que “ver a evolución da crise, que lles pode afectar un pouco mais pola súa dedicación á construción”, polo que se mostraron “cautos” para “ver o que sucede”.

Sociedade