INICE organiza cursos de primeiros auxilios para xóvenes en Ferrol

INICE organiza cursos de primeiros auxilios para xóvenes en Ferrol

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Reanimación cardiopulmonar, feridas e curas, picaduras, insolacións, situacións de emerxencia ou qué facer en caso de ver un accidente. Son algúns dos contidos dos obradoiros de iniciación de Primeiros Auxilios que organiza o Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (INICE Galicia) en colaboración coa Asociación de Voluntarios de Axuda ao Necesitado.

Os cursos celebraranse en Ferrol todas as semanas, durante o curso escolar, e sempre que se cubra un mínimo de 10 prazas. A actividade vai dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos, e nun segundo tramo de idade, entre os 14 e os 16. Cada un dos participantes deberá aboar unha cuota de quince euros.

Os interesados en apuntarse poden chamar ao teléfono 981-358330 ou ao 629-061159. No momento en que se forme grupo, cada curso terá unha duración de unha semana (a razón de unha hora por día).

Sociedade