Insisten na comparación dos escraches con actitudes nazis

Insisten na comparación dos escraches con actitudes nazis

17 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, considera os 'escraches' como "un acto de coacción" e cre "acertadas" as comparacións realizadas ao respecto co nazismo pola secretaria xeneral do PP, María Dolores de Cospedal, por velos similares a "como cando os nazis marcaban as casas dos xudeus". Para Juárez, un 'escrache' diante dun domicilio supón "levar esa protesta ao ámbito da vida privada dunha

Diante da insistencia da xornalista que volveu preguntar se lle parecían acaidas as comparanzas entre as protestas dos afectados polos desafiuzamentos e a represión nazi, o delegado do Goberno reafirmouse.
Na mesma xornada, en Lugo desenvolvíase unha protesta de afectados polas participacións preferentes que xa avanzaron a súa decisión de concentrarse o vindeiro xoves diante da sede do PP na cidade da Muralla para reclamar a devolución dos seus aforros. O voceiro da plataforma cidadá, Xavier Novo, declarou que eles non consideran escraches as súas reivindicacións pero que, en calquera caso, o importante é a estafa, non as queixas.

Sociedade