Inspeccións e equipos directivos

Inspeccións e equipos directivos
18 de Marzo, 2020 - 08:41 h. | Publicada por Radio Fene

Todos estamos á beira do goberno nas medidas de política sanitaria e para protexer a saúde da poboación. Pero as centrais sindicais reclaman lealdade mutua. CIG Ensino censura a orde remitida pola consellería de Educación aos equipos directivos de colexios e institutos, instándoos a acudir por quendas aos centros educativos. Primeiro tiña que acudir aos centros todo o profesorado, logo só o equipo directivo e por último unha persoa do equipo directivo por quendas.

ESCOITA O PODCAST:
Arquivo Radio Fene. Interior do IES de Fene

Para o secretario nacional de CIG Ensino Suso Bermello, dáse o paradoxo das inspeccións de Educación. Eles non están obrigados legalmente a acudir aos seus lugares de traballo.  Na central nacionalistas son conscientes de equipos directivos que non acoden aos centros "por decisión propia e para salvagardar a súa saúde e das súas familias"..
CIG denuncia a inexistencia dun protocolo de actuación en canto ao tele traballo. O que se ten feito nesa materia débese á vontade de mestres e profesores individualmente, pero non hai coordinación, nin planificación nin unha plataforma informática eficaz que permitise traballar a profesorado e alumnado desde o domicilio de cada quen.

Pull and Bear
Tamén UXT e Comisións Obreiras de Pull and Bear loxística en Narón, afirma que Inditex obriga ao persoal a traballar, incumprindo a lei de prevención e o estado de alerta decretado. Non estableceu medidas necesarias nin Equipos de Protección Individual para evitar o contaxio do virus COVID 19, segundo denuncian.  

Axuda no fogar
Os sindicatos formulan diferentes protestas sobre a aplicación do estado de alerta. Así Comisións Obreiras insta á Xunta a tomar medidas para evitar o que cualifica como colapso inminente dos servizos de axuda no fogar. Afirman que o persoal das empresas concesionarias carece de equipamentos de protección individual.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora