Interésanse pola auga e saneamento de Magalofes e San Marcos

Interésanse pola auga e saneamento de Magalofes e San Marcos

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O candidato do Partido Popular de Fene reuniuse co conselleiro de Infraestructuras Agustín Hernández para interesarse polo proxecto de abastecemento de auga a Magalofes e saneamento e auga a San Marcos. Gumersindo Galego comprometeuse a axilizar os trámites para que a Xunta poida presupostar a iniciativa canto antes.

O PP censura que a falla de aprobación de presupostos este ano, fixo imposible consignar os 60.000 euros da parte que lle correspode financiar ao Concello. Os populares censuran que non se escriturara nin se inscribiran no rexistro da propiedade as parcelas onde se deben construir a estación de bombeo e os depósitos de almacenamento.

Sociedade