Internet básico na Orella Verde

Internet básico na Orella Verde

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“Internet básico para pais e nais” pretende achegar Internet ós pais e nais que conforman a Escola de Familias “A Orella Verde” eliminando así a fenda dixital existente entre os proxenitores e os seus fillos. Internet constitúe unha boa fonte de información tanto para os pais/nais como para os fillos/as. Os nenos/as poden aprender moito buscando documentación para os traballos escolares, enviado e recibindo correo electrónico e

Para conseguir unha navegación o mais segura posible a mellor forma é que os pais e nais aprendan os beneficios de Internet e apliquen as medidas de seguridade máis adecuadas para a navegación dos seus fillos/as.

Apoiando a actividade que a Escola de Familias “A Orella Verde” desenvolve no concello, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información puxo en marcha unha iniciativa que leva por título “Internet básico para pais e nais”. Esta actuación pretende que os pais e nais que conforman esta escola se acheguen ó mundo de Internet ó que os rapaces e rapazas adican cada vez máis tempo, ademais de facilitar información sobre a navegación segura pola rede e aprender os beneficios que pode aportar Internet na educación dos menores.

A Orella Verde continúa a traballar na educación dos fillos e fillas
Esta semana recupérase a programación da Escola de Familias a través do traballo de habilidades comunicativas e de resolución de conflictos na familia.
Durante este mes, a actividade da Orella Verde compleméntase cun obradoiro de intelixencia emocional impartido por Puri Martín, experta en Intelixencia Emocional.
Un grupo de nais da escola asistirá, ademais, a unhas xornadas en Ourense sobre desordes alimentarias e novas adiccións

Sociedade