Iolanda Casal e as investigadoras galegas

Iolanda Casal e as investigadoras galegas

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, salientou que “é indiscutible que a área científica é un campo de enorme potencial para as mulleres”, e afirmou así mesmo que “en todas as áreas científicas emerxentes hai un nome de muller”. A máxima responsable do departamento educativo galego participou esta mañá no Hostal dos Reis Católi

O acto tamén contou coa intervención de Inmaculada Paz Andrade, catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, de Elena Vázquez Cendón, representante da Unidade de Muller e Ciencia, e de Dora Blanco Heras, investigadora da USC.

Durante a súa intervención, Laura Sánchez Piñón subliñou que “a historia das mulleres estivo dominada pola negativa aos seus dereitos, sendo vetadas durante moito tempo ao mundo do saber”. Sen embargo, a titular de Educación manifestou que esta circunstancia está a mudar, e que na actualidade “a situación, a acción e os dereitos da muller son os temas máis importantes do noso tempo”.

Neste senso, a conselleira puxo como exemplo que entre 1966 e 2001, o número de mulleres que estudaban as ramas científicas e as enxeñerías en Estados Unidos incrementouse en todos os niveis educativos. Deste xeito, explicou que en 2001 o 50% dos titulados en bacharelato nestas áreas eran mulleres mentres que a proporción de homes permanecía estancada desde 1976.

Aínda así, a máxima responsable do departamento educativo galego manifestou que os obstáculos á traxectoria profesional seguen presentes, aínda que non son deliberados, senón “o resultado dunha serie de asuncións das cales a sociedade non é consciente”. “A nosa presenza aquí dá conta de que todos estes obstáculos son salvables e que ás veces, con todo en contra, a nosa perseveranza, dedicación e competencia dan os mellores resultados”, afirmou ao respecto.

Divulgar o traballo das investigadoras

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria trasladou os seus parabéns á xornalista autora do libro Iolanda Casal pola publicación deste novo volume, que recolle entrevistas a 50 investigadoras galegas, salientando que contribuirá “a revelar á sociedade o traballo e ilusión” das mulleres que se dedican á investigación en Galicia. “Hoxe, con este acto e este libro estamos a porlle cara a moitos avances e descubrimentos nos que se asentará a sociedade futura de progreso e benestar”, engadiu Sánchez Piñón.

“Activistas da visualización do noso traballo, como se ten definido a autora do libro, Iolanda Casal, e promotores desta idea como José Manuel Rey Nóvoa, son imprescindibles nesta labor de difusión social”, concluíu. Do mesmo xeito, a conselleira amosou o seu convencemento de que o exemplo destas investigadoras servirá de modelo para futuras xeracións de científicas.

Sociedade