A ironía delirante de Tony Lomba & Elio dos Santos en Carral

A ironía delirante de Tony Lomba & Elio dos Santos en Carral

08 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Tony Lomba & Elio dos Santos regresan aos escenarios. A volta temporal dos “príncipes da música lixeira” reúnense de novo para entonar os himnos cos que acadaron a sona. “Hoy es un día especial”, “Bandera, bandera”, “Alfredo Landa” ou “Ese amor de la abuela” soarán xunto a novos hits, froito do maxín delirante deste grupo indefinible, este sábado ás doce menos cuarto na sala The Start de C

Foron “Los 3 Sudamaricones”, formación coa que consagraron o “wachu-wachu” en Europa. Pero o seu asalto ao reinado mundial do pop chegou como Tony Lomba & Elio dos Santos, forxando unha lenda feita de concertos memorables, pero tamén dunha vida de excesos. Mentras o papel cuché os descubría en fastuosas festas en Las Vegas ou en polémicas orxías en Cerdeña, Lomba & Dos Santos seguían colgando o “sold out” en todas as súas galas. A fidelidade do seu público, entregado á ironía das súas letras e a unha poderosa posta en escena, extendeuse como unha pandemia.

O indisimulado odio que se profesan non impediu o éxito da xira “Live alter Death”, á que lle seguiu que sigue un disco agardado como o maior lanzamento do pop tras “Thriller” e “Torito Guapo”.

Nos últimos tempos, os seus incondicionais gozaban das súas actuacións puntuais , como en Nadal, un clásico que enchía os locais. Mentras tanto, eles cultivaban as súas carreiras en solitario. Agora, o misto e o bidón de gasolina volven a xuntarse para descargar a súa ironía sobre o escenario e devolvernos os seus himnos lexendarios.
 
O retorno de Tony Lomba & Elio dos Santos será este sábado en Carral, na sala The Stars. A entrada custa 10 euros.  

Sociedade