Isto parece saído dunha película

Isto parece saído dunha película
06 de Maio, 2020 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

A clínica dental Costa Ártabra, de Fene, volve hoxe á actividade pero so para os tratamentos que non poden esperar. Falamos con María García Allegue da alarma sanitaria. 

ESCOITA O PODCAST:

“Isto parece saído dunha película” afirma a odontóloga María Garcia Allegue. A súa clínica dental Costa Ártabra, na avenida das Pías de Fene, abreu esta mañá as súas portas para atender as urxencias e para acometer aqueles tratamentos que non poden agardar.  De momento descoñécese a data na que abrirá con normalidade.  O dia 14 de marzo, día no que decidiron o peche e acollerse a un ERTE para o persoal, avisaron telefonicamente a todos os pacientes que tiñan cita concertada. Unicamente María Garcia Allegue quedou atenta ao teléfono por se había algunha urxencia. Esta mañá agradeceu aos pacientes da súa clínica a comprensión demostrada.

Esta mañá comezaron traballar inicialmente so para as urxencias e seguindo uns protocolos que impiden realizar todas as actuacións. “Sempre fomos moi estritos coas medidas hixiénicas pero agora ampliámolas” precisa María Garcia. Entre esas medidas está as barreiras, o tratamento do aire, xel hidroalcohólico, toallas desbotables, salas de espera baleiras e, curioso, o calzado. Repartirán calzas entre os clientes á entrada da clínica. A odontóloga agarda que os seus pacientes se coidasen os dentes durante o confinamento porque a dieta inflúe moito na boca e todos sabemos que houbo abusos. Se abusamos do azucre, a dentadura e as encías poden sufrir as consecuencias. Garcia Allegue aproveitou o confinamento para a formación en liña e estar coa familia, coa que normalmente é difícil conciliar.

 

(Na imaxe, interior da clínica dental Costa Ártabra de Fene)

Sociedade

Comentarios

No Perscription Amoxicillian weeraken [url=https://cialisse.com/]cheapest cialis online[/url] errorndyef Injectable Amoxicillin Pseuch <a href=https://cialisse.com/#>Cialis</a> Lalierap Effet Du Cialis
Nome: 
Smepisejo

Ed Pills Online weeraken [url=https://asocialiser.com/]cialis 5 mg best price usa[/url] errorndyef Gel Kamagra Pseuch <a href=https://asocialiser.com/#>cialis online india</a> Lalierap Levitra Sus Efectos Secundarios
Nome: 
Smepisejo

Publica o teu comentario agora