A ITV de Vilalba estará operativa o vindeiro martes 30 de xuño

A ITV de Vilalba estará operativa o vindeiro martes 30 de xuño

23 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A ITV de Vilalba será inaugurada na mañá do vindeiro martes, 30 de xuño, segundo confirmou o alcalde da vila, Gerardo Criado. O edil tamén informou que ese mesmo día, no seu horario de tarde, estará xa operativa, polo que os tres operarios deste servizo poderán comezar a realizar as revisións dos vehículos a motor.

Para Criado, “é unha boa noticia que se poña en marcha, porque vai a dar servizo a moita xente de toda a Terra Chá e pon a Vilalba no mapa dos servizos autonómicos importantes. Esta ITV significa algo mais que o propio servizo, xa que redundará en maiores beneficios para os talleres, hostalería e a nivel de significarse como unha capital de servizos”.

 

 

A ITV, situada no Polígono de Sete Pontes, permitirá cubrir o parque automobilístico da bisbarra, que ten preto de 30.000 vehículos. Segundo os cálculos da Dirección Xeral de Supervisión e Control se examinarán uns 2.500 coches ao ano. Esta ITV contará tamén cunha estación móbil de motocicletas, que poderá visitar ate tres localidades por día e que xa está en funcionamento desde xaneiro. A inversión total nesta planta supuxo unha cifra de 950.000 euros.

 

A inauguración chega tres meses tarde, xa que, os cálculos da anterior Consellería de Industria, dirixida por Fernando Blanco, situaron o comezo da actividade para finais do mes de marzo

Sociedade