IV Memorial Paco Fenosa en lembranza de Francisco Loureiro

IV Memorial Paco Fenosa en lembranza de Francisco Loureiro

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O IV Memorial Paco Fenosa de traiñeiras celebrarase o domingo 1 de marzo en Chapela. Trátase dunha proba amistosa que se celebrará na modalidade contra reloxo con saídas de minuto en minuto e na que participarán un total de 13 embarcacións.

 

Este memorial, na honra do presidente fundador do club, Francisco Loureiro (Paco Fenosa) comezará as 11:30 horas da mañá. Entre as traiñeiras participante atopamos oos remeiros do C.R: Mecos, que conseguira levarse o campionato nos anos 2006 e 2008 así como o club anfitrión que se fixo coa vitoria na tempada 2007. Con todo o presidente do club organizador, Fernando Collazo, entende que a embarcación máis forte nesta edición é a de Tirán.

 

500 remeiros

 

Tamén en augas de Chapela e organizado polo club de remo da parroquia disputarase na tarde do sábado a III bandeira de bateis onde está prevista a participación de 16 clubs da provincia de Pontevedra. En total serán medio milleiro de remeiros das categorías infantís e xuvenís os que participarán nas probas de mañá.

 

Sociedade