Jaspe Moscoso e a pintura galega de 1850

Jaspe Moscoso e a pintura galega de 1850

12 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quedan duas oportunidades para ver a exposición sobre o Pazo de Barallobre e o pintor Antonio Jaspe Moscoso, na Liga de Amigos de Barallobre. Retirarase despois das últimas visitas de mañá xoves. Sobre o pintor que naceu na familia do pazo e vivíu nel a mediados do século XIX falounos esta mañá o escritor e autor do libro “A pintura galega 1850-1950” Fernando Martínez Vilanova, quen encadrou ao pintor de Barallobre nesa é

A estancia de Jaspe Moscoso en Italia grazas a unha beca influiu dun xeito determinante nel que se impregnou do naturalismo e do costumismo que estaban de moda. Tamén en Galicia empezaba esta corrente, segundo, Martínez Vilanova. Sobre a visita de Dionisio Fierros ao pazo de Barallobre, Martinez Vilanova afirma que puido influir en Jaspe, sobre todo na maneira de abordar o retrato. A serie de cadros “Hombre rico” e “Hombre pobre”, encádranse, segundo o experto, no “miserabilismo”, unha corrente de denuncia social que máis tarde recollerá Castelao.

Quedan mércores 12 e xoves 13 de novembro para ver a exposición que recolle a historia do Pazo de Barallobre e reúne unha parte da obra pictórica de Jaspe Moscoso. Na Liga de Amigos de Barallobre, de 17 a 19 horas.  

Sociedade