Jorge Llorca recolle o Premio Blanco Amor no Jofre

Jorge Llorca recolle o Premio Blanco Amor no Jofre

29 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol entrega este sabado o XXXI Premio de Novela Blanco Amor a Jorge Llorca Freire, pola súa obra " O violín de Rembrandt". A cerimonia está aberta ao público e os interesados en acudir á mesma poderán retirar a súa entrada de maneira gratuíta, ata o día do acto ou ata completar o aforo, no despacho do teatro Jofre. Ao acto de entrega do galardón tamén asistirá o presidente da Deputación Pr

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá este sábado, día 2 de novembro, ás 20:30 horas o acto de entrega do XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor, que terá lugar no Teatro Jofre. Esta gala estará aberta ao públicos e os interesados poderán recoller a súa entrada gratuíta, ata o mesmo día do acto ou ata completar o aforo, no despacho do teatro municipal.

Jorge Llorca Freire, o gañador da trixésimo primeira edición do “Premio de Novela Longa Blanco Amor”, recollerá o seu galardón pola novela “O violín de Rembrandt” que inclúe un premio en metálico de 12.020 euros. Na obra gañadora prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local se ve neutralizado con personaxes cotiás.

Sociedade