Jorge Mira: “A misión Rosetta paréceme un milagre”

Jorge Mira: “A misión Rosetta paréceme un milagre”

12 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O robot Philae chegará ás cinco e dous minutos desta tarde á superficie do cometa. O estudo in situ da rocha axudará a confirmar se os cometas son os que sementaron a vida na Terra. Sobre a misión Rosetta falou esta mañá no Instituto de Ensino Secundario de Fene o científico Jorge Mira.

É unha manobra de moita dificultade porque no cometa a gravedade é cen mil veces menor que na terra. Unha persoa de setenta quilos alí pesa un gramo. Jorge Mira asistiu á montaxe da sonda Rosetta en Holanda. Parecialle un miragre, segundo afirmou.

O pequeño robot Philae ten como misión estudar a estructura do cometa e as orixes do sistema solar. A ciencia está máis perto das nosas vidas do que parece, afirmou esta mañá no Instituto de Fene Jorge Mira.

Sociedade