Jorquera defende en Ourense o Preescolar na casa

Jorquera defende en Ourense o Preescolar na casa

25 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Jorquera estivo esta mañá en Ourense para reunirse con pais, nais, e traballadores de Preescolar na Casa, un programa destinado á educación infantil dos nenos e nenas do rural, que está ameazado de peche polos recortes do goberno de Feijoo. Canda o candidato do BNG á presidencia da Xunta, estiveron os deputados no Parlamento Galego, Tereixa Paz, Alfredo Suárez Canal e Carme Adán, e a portavoz municipal, Isabel Pérez, entre outros

A supresión de Preescolar na Casa atenta contra a igualdade entre os nenos do rural e os das cidades

Francisco Jorquera alertou de que “recortar en educación é recortar no futuro dun país”. Por iso, subliñou que “os recortes de Feijoo en programas tan importantes para Galiza e para o noso medio rural, como Preescolar na Casa, até o punto de abocar a este programa ao peche, é tamén atentar contra a igualdade de oportunidades dos nenos e das nenas do medio rural en comparación cos nenos e nenas da cidades”.  Ante esta situación, Jorquera anunciou que “o BNG comprométese a traballar para evitar o peche de Preescolar na Casa e preservar un servizo básico para os nenos e nenas do rural”. 

 “Feijoo debe ser o primeiro en comparecer”

En declaracións aos medios Francisco Jorquera asegurou que “no BNG contratulámonos da decisión de onte do señor Feijoo, quen anunciou que por fin en setembro constituirase no Parlamento Galego unha comisión de investigación sobre a situación de Novagalicia Banco”, unha decisión que atribuíu “á presión feita pola sociedade e polo BNG”, que dende hai meses ven reclamando esta medida. Neste sentido, Jorquera  emprazou a Feijoo “a que sexa o primeiro en comparecer ante esa comisión porque ten unha responsabilidade directa na situación do que queda das nosas caixas de aforros”. En primeiro lugar -explicou-, por ter aceptado un proceso de bancarización das mesmas, que ten moito que ver coa situación na que están neste momento; e en segundo lugar, por ter aceptado unha reforma da Lei de Caixas de Galiza feita a medida dos intereses dos directivos desas entidades”.

“Mauro Varela faltoulle ao respecto aos estafados polas preferentes”
Polo tanto, o candidato do BNG á presidencia da Xunta reclamou que “o primeiro que ten que dar explicacións nesa comisión de investigación é o señor Feijoo, e en segundo lugar os altos directivos das caixas, empezando polo señor Mauro Varela que acaba de faltarlle ao respecto a miles de pequeno”.   

Sociedade