José Luis Antuña: “En Feiraco non temos ningunha oferta con respecto á planta de Clesa”

José Luis Antuña: “En Feiraco non temos ningunha oferta con respecto á planta de Clesa”

18 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Non temos ningunha oferta nin coñecemos a documentación”. O director xeral de Feiraco, José Luis Antuña, desbota con esas palabras que a cooperativa teña efectuado movementos dirixidos á adquisición da planta transformadora de Clesa en Caldas de Reis. Faino malia as manifestacións do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, que avanzara un suposto interese de Feiraco na fábrica propiedade da familia

O director de Feiraco segue a confiar na posibilidade de crear un gran grupo lácteo galego. “Sempre estaremos a tempo se temos vontade de avanzar”, asegura Antuña, quen entende que se dá o escenario propicio, xa que na comunidade “hai materia prima, atomización e escasa participación dos gandeiros na cadea de valor”. Na súa opinión, unha das grandes eivas que sofren os produtores galegos é o “escaso número de litros de leite que se xestionan a través de cooperativas”

Feiraco vén de abrir a primeira das tendas Merca Rural en Mazaricos. Trátase da primeira no proxecto de crear unha rede de almacéns con todo o preciso para o traballo e a alimentación da cabana nas explotacións agrogandeiras. Máis dun cento de cooperativas da cornixa cantábrica integradas na asociación Delagro puxeron en marcha esta iniciativa que Feiraco quere trasladar ao resto das súas instalacións en Ordes, Santa Comba e Ponte Maceira. Segundo José Luís Antuña, trátase de por en marcha os modelos que recomenda a Unión Europea para evitar o despoboamento do rural.

Sociedade