Juan Carlos e Sofía presidiron a botadura do Butrón en Fene

Juan Carlos e Sofía presidiron a botadura do Butrón en Fene

25 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os daquela principes de España Juan Carlos e Sofía presidiron a botadura do Butrón en Astano o catro de abril de 1973. O Butrón, con 326.000 toneladas, 330 metros de eslora e 53,30 de manga, era xemelgo do Arteaga, e un dunha serie de cinco superpetroleiros contratados simultaneamente por Petronor.

Os magníficos logros profisionais de Astano non se traduciron en bos resultados económicos. En 1971 o INI pasou a ser o socio maioritario do estaleiro. A situación económica empeora en 1973, cando estoupa a crise do petróleo e desaparecen o encargos de grandes petroleiros. Reabrese ademais o canal de Suez, via artificial de comunicación entre o Mediterraneo e o Mar Rojo. Só permite o paso de barcos de ata 20 metros de calado, 240.000 toneladas de peso morto e unha altura máxima de 68 metros sobre o nivel da auga. A crise do petróleo de 1973 comezou a raiz da decisión dos paises árabes de non exportar máis petróleo aos estados aliados de Israel na guerra do Yom Kippur. A medida incluia a Estados Unidos e aos seus aliados de Europa Occidental. O aumento do prezo, xunto coa gran dependencia do mundo industrializado do petróleo, provocou un forte efecto inflacionista e unha redución da actividade económica dos paises afectados.

Sociedade