Juan Domingo de Deus, novo alcalde de Mugardos

Juan Domingo de Deus, novo alcalde de Mugardos
10 de Decembro, 2019 - 01:51 h. | Publicada por Radio Fene

Juan Domingo de Deus do Partido Popular é o novo alcalde de Mugardos. Resultou elixido ao saír adiante a moción de censura presentada conxuntamente polo PP e polo PSOE. Os edís socialistas mantiveron o seu apoio á iniciativa que recibiu o respaldo de oito edís e o voto contrario de cinco concelleiros.A renuncia de Pilar Diaz esta mañá á alcaldía non serviu para que os socialistas variaran a súa postura. 

Panel informativo no paseo marítimo de Mugardos

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz (EU), presentou á primeira hora da mañá deste martes, 10 de decembro, no Rexistro Municipal, a súa renuncia á Alcaldía deste municipio da comarca de Ferrol. No escrito manifesta a súa vontade de permanencia como edil da corporación local. O citado documento presentouse horas antes do debate da  moción de censura presentada o pasado 25 de novembro os cinco concelleiros do Partido Popular e os tres do PSOE. Os edís socialistas puxeran como condición para retirar o seu apoio a iniciativa, un paso atrás da alcaldesa. Pilar Díaz adoptou esa decisión esta mañá. O pleno da moción de censura celebrouse igualmente as doce do mediodía, dado que segundo o artigo 197 da Lei de Bases de Réxime Local, “a dimisión sobrevida do alcalde non suspenderá a tramitación e votación da moción de censura”. A pesar da renuncia da alcaldesa, o PSOE mantívose firme no apoio á moción. Nas eleccións municipais celebradas o pasado mes de maio, Esquerda Unida Son en común obtivo catro representantes por 3 do PSOE e 1 do BNG. O Partido Popular logrou cinco concelleiros. Esquerda Unida e PSOE asinaron un pacto de goberno que levou a alcaldía a Pilar Díaz. En poucos meses,o acordo rompeuse e a alcaldesa cesou aos edís socialistas das súas responsabilidades de goberno. Quedou gobernando Esquerda Unida en minoría, con catro concelleiros do total dos trece integrantes da Corporación. PP e PSOE presentaron unha moción de censura que esta mañá saíu adiante polo que resultou elixido como alcalde Juan Domingo de Deus do Partido Popular.

Institucional

Publica o teu comentario agora