Juan Jesús Ares, candidato do PSdeG á alcaldía de Boiro

Juan Jesús Ares, candidato do PSdeG á alcaldía de Boiro

17 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Agrupación Socialista de Boiro vén de elexir, nunha Asamblea Extraordinaria, ao cabeza de lista para as vindeiras Eleccións Municipais do 2011. Os membros da Asamblea depositaron a súa confianza no bo saber facer do actual Secretario Xeral do PsdeG de Boiro, Juan Jesús Ares, quen saiu elixido por unanimidade. 

Desde a Asamblea confíase en poder liderar o futuro Goberno Municipal dado, fundamentalmente, ao traballo que se veu desenvolvendo nestes últimos anos.  

En vindeiras datas celebrarase un acto no que se realizará a presentación oficial de tódolos compoñentes da lista para os comicios municipais ao conxunto dos boirenses.

Institucional